Fonte: EL BLOG DE Jhyael. |
As meigas son os seres mitolóxicos máis famosos da cultura popular galega.
Son mulleres anciás de aldea que teñen poderes sobrenaturais cos que poden ter visións, ver o que acontecerá no futuro, facer embruxos ou crear pocións.
Moitas veces son confundidas coas bruxas, pero non son o mesmo. As bruxas son seres malvados que tan só buscan facer sufir. Mentres que as meigas adoitan ser mulleres bondadosas que empregan os seus poderes para curar enfermidades. É dicir, as meigas adoitan ser curandeiras.
Pero, en ocasións, por diferentes causas as meigas tranfórmanse en seres malvados e empezan a empregar os seus poderes para facer dano a outras persoas. Mirade o seguinte vídeo dende o minuto 17:23 ata o 20:11 para saber máis das meigas malvadas: https://youtu.be/9e1m4tgPuLQ?t=1043
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
FONTE DA INFORMACIÓN:
Meiga. (Sin fecha). En Wiki Mitología Ibérica. Recuperado el 14 de mayo de 2020 de https://mitologiaiberica.fandom.com/es/wiki/Meiga
Meiga. (Sin fecha). En Wikipedia. Recuperado el 14 de mayo de 2020 de https://es.wikipedia.org/wiki/Meiga#La_meiga_en_la_cultura_popular_gallega